Cantardelas

Cantos de Raíz. Da raíz do canto

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; Manuela Lema e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes, estas tres últimas das Pendeireteiras de Mens (Malpica).

Cantar Delas súmase á homenaxe e salienta estas palabras da Institución:

«A lingua galega continuou viva durante séculos, malia as prohibicións e a súa desaparición do espazo oficial, porque o pobo galego a custodiou. En particular as mulleres preservaron a lingua e crearon anónimamente unha poesía popular transmitida nas cantigas das avoas ás netas, das nais ás fillas, dunhas veciñas a outras»…

Creadoras de Música​

Na historia da humanidase faltan as páxinas das aportacións femininas á construción
cultural e social. Mulleres escritoras, filósofas, pintoras, científicas e compositoras foron
esquecidas, ignoradas e silenciadas por unha sociedade construída en masculino que relegou as mulleres a un papel secundario, negándolles o acceso á educación e atribuíndolles como rol fundamental o reprodutivo e o ámbito privado. Confinadas no xineceo do silencio, as mulleres
compositoras e intérpretes foron invisibilizadas e aínda hoxe, silenciadas. A ruptura do silencio pasa polo coñecemento e o recoñecemento do seu valor e capacidade creativa.

Creadoras de Música ten como obxectivo dar a coñecer as composicións musicais e as
súas autoras -dende a Idade Media ata o Período Contemporáneo- postergadas durante séculos á escuridade da historia.

Outros proxectos

Carmina Viarum

Saber máis

Mulleres libres, sempre

Saber máis

Xoán Montes

Saber máis

Cantigas Santa María e Martim Codax

Saber máis

Stabat Mater de Pergolesi

Saber máis

Para coñecernos mellor

Historia

Preséntase nun concerto na Igrexa de San Pedro, o 24 de maio de 2008. A madriña de Cantar Delas, Lara Méndez López, participou naquela presentación.

Repertorio

Unha pequena selección do noso repertorio, onde poderedes consultar algunhas das nosas obras máis senlleiras, e tamén descargar as súas partituras.

Actuacións

Son moitas as actuacións que levamos desde que botamos a andar. Aquí podes atopar os próximos concertos…