Cantardelas

Neste concerto  facemos un percorrido pola música dende o século XIII ata o século XX. Cada peza vai precidida dunha presentación de personaxes femininas que forman parte do imaxinario colectivo e están presentes nas nosas vidas sen saber, en moitos casos, quen foron e as razóns polas que pasaron á historia.

Queremos dar a coñecer estas mulleres, o seu papel no custionamento da orde social, na loita contra as inxustizas, os motivos polas que foron perseguidas nuns casos, vilipendiadas ou incomprendidas noutros.

Neste 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres reivindicamos ás que nos precederon, aquelas que abriron camiños á longo dos séculos e que foron poñendo banzos nunha desigual escaleira que posibilitou chegar a onde hoxe estamos, lonxe aínda da igualdade real pero sen dúbida, camiño dela.

PROGRAMA DO CONCERTO

S.XIII

MARÍA BALTEIRA: a Balteira, unha vida imprecisa entre a historia, a literatura e a lenda.

«Cantiga de Santa María nº 100». Afonso X, o Sabio.                             

S. XIV

MARÍA CASTAÑA: Unha rebelde do século XIV que se converteu nunha lenda popular.

«Quantas sabedes amar». Cantiga de Martín Codax.

S. XV

AS ABADESAS DE TRIVES: Mulleres no exercicio do poder público, social e económico na Galicia medieval.

«Ai Santa María». Cancioneiro de palacio (1474-1516)

S. XVI

MARÍA PITA: Heroína coruñesa célebre pola defensa da cidade fronte ós ingleses.

«Que me queréis, caballero?» Cancioneiro de Palacio (1474-1516)

S. XVII

MARÍA SOLIÑA: Un tribunal inquisitorial condenouna e converteuse no símbolo do sufrimento do pobo.

«Ecco il verno». J. Brachrogge (1590-1638)

S. XVIII

AS MEIGAS: Antigas custodias da sabedoría e menciña popular.

«Romance da lavandeira». Tradicional galega

S. XIX

PEPA, A LOBA. AS SETE MULLERES DO MIÑO. O río Miño une a afouteza feminina.

«As sete mulheres do Minho». Zeca Afonso

PARDO BAZÁN: Loitadora pola igualdade nun mundo patriarcal: «O encaixe roto»

«Os teus ollos». Curros/Chané

ROSALÍA DE CASTRO. Sentimento e rebeldía: «Carta a Eduarda»

«Do mar pola orela». Curros/Batallán

S.XX

O COCIDO FAMILIAR. Núñez Singala. Os coidados, labor invisible que non se valora.

«Libre te quiero». Agustín García Calvo/Javier Busto

Narradora: Juncal Martínez Modia